CRTVG

Buscar

Os nenos de Silvoso mandan unha mensaxe de ánimo aos maiores das residencias

Publicado o 11/05/2020 13:30

Coas súas mans pintadas quixeron lanzar unha mensaxe de ánimo a todos os traballadores e usuarios das residencias de maiores.

Un xesto solidario dos pequenos e pequenas da escola da parroquia de Silvoso, en Bergondo, que enseguida tivo resposta dende a residencia de maiores de Ortigueira.

Durante este tempo de confinamento, os pequenos tamén fixeron a súa propia canle de televisión, con entrevistas, predición meteorolóxica e mesmo un espazo de cociña.

Un proxecto de colaboración transversal, que nace dunha escola rural, e que tende redes entre pequenos e maiores, para dicirlle ao virus unha vez máis que resistiremos.

Noticias web

11/05/2020