Os nenos de San Ildefonso ultiman os preparativos para o sorteo da Lotería de Nadal
Con premios, apertas e aplausos... Así preparan os nenos de San Ildefonso o sorteo da Lotería de Nadal. Levan tempo cos ensaios tras superar o proceso de selección. Para elixilos, valóranse varios aspectos.
José Luis Rodríguez- Educador: "A cantinela, o ton e a cadencia, o ritmo, a dicción e a presenza escénica"
Cando lles preguntamos polo que queren cantar no sorteo, o nenos téñeno claro. Daniela: "Pois... un premio e dárllelo aos nenos pobres". Felipe: "Cantar o Gordo... E que me saia un número faciliño".
E, á hora de soñar, tamén hai quen tira para a casa. Roberto: "Que lle toque á miña familia"
Steven xa cantou nun sorteo, pero este ano estará sacando as bólas. "Este ano non canto porque me cambiou a voz".
E Aya espera repetir co Gordo. Lembra o que sentiu que cando o cantou o ano pasado. "Que te pos feliz e nerviosa"
Precisamente, o control deses nervios é o que máis traballan nos ensaios.
José Luis Rodríguez- Educador: "Iso é o máis delicado. É o que máis traballamos, a técnica tamén, pero a tensión emocional é a que pode traizoalos".
E niso seguirán traballando para que todo saia ben no sorteo da Lotería de Nadal.