Os negociadores confían en chegar a un acordo sobre o 'brexit' esta semana
Publicado o 16/10/2019 11:27
Os negociadores do brexit afirmaron onte que están preto dun principio de acordo para a saída do Reino Unido da Unión Europea.
O representante de Bruxelas, Michel Barnier, dixo á súa chegada á xuntanza de Luxemburgo que, aínda que o acordo está difícil, é posible chegar a el esta semana.
O ministro británico para o brexit, Stephan Barclay, tamén dixo que un acordo é aínda moi posible. Mañá e pasado volverán co asunto na reunión de xefes de Estado e de Goberno europeos en Bruxelas.