'Os mundos de agora', un ensaio de Lois Oreiro sobre o impacto da tecnoloxía na nosa sociedade
Publicado o 10/06/2021 14:40
A editorial Galaxia estrea unha colección de ensaios sobre temas de actualidade. O primeiro libro sae á venda esta semana e é do escritor e xornalista da Televisión de Galicia Lois Oreiro.
O ensaio titúlase 'Os mundos de agora' e reflexiona sobre como nos afecta vivir pegados a unha pantalla. A obra reivindica o dereito á liberdade de pensamento.