Os multamóbil circulan en probas por Santiago, unha novidade no ben aceptada por todos
Levan catro cámaras no teito. Os ollos que vixiarán as infraccións ao volante na zona urbana do concello de Santiago. Unha novidade no ben aceptada por todos. A vixilancia centrarase no control dos espazos de aparcamento regulado.
As zona ORA, as prazas exprés que permiten unha estancia máxima de 15 minutos, as chamadas zonas verdes reservadas a vehículos de residentes e os espazos carga e descarga.
Están en probas, pero a partir de outubro os condutores deberán ser máis respectuosos á hora de estacionar correctamente os vehículos se non queremos recibir unha sanción. Nada de dobres filas.
Son dous vehículos que incorporan a última tecnoloxía neste tipo de dispositivos. As cámaras do teito ofrécenlles ángulo suficiente para captar simultaneamente as matrículas a ambos lados da rúa.