CRTVG

Buscar

Os mozos que pertencen ás mutuas tamén poden pedir autocita para a vacinación

Publicado o 06/08/2021 12:35

Mañá abrirase de novo o sistema de autocita para os que teñen entre 16 e 21 anos, ao que tamén poderán acceder os mozos que pertencen ás mutuas.

Esta é unha das novidades desta nova chamada por autocita. A ela poderase acceder ben a través da tarxeta sanitaria ou a través do DNI no caso de que non sexan usuarios do Sergas, é dicir, que pertenzan a unha mutua. Neste caso as autoridades sanitarias recomendan que se aseguren primeiro de ter rexistrado o DNI na mutua correspondente, xa que só estarán habilitados para entrar na autocita aqueles números que se trasladan á Xunta de Galicia.

Serán, en todo caso, unhas 25.000 citas ás que se poderá acceder a través do enderezo cita.sergas.gal, o portal E-Saude ou da aplicación Sergas móbil.





 

Noticias web

06/08/2021