CRTVG

Buscar

Os Mossos investigan unha violación nun 'macrobotellón' en Barcelona

Publicado o 18/09/2021 21:53

Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación sobre unha violación denunciada por unha moza no macrobotellón celebrado na noite do venres no campus da Universidade Autónoma de Barcelona.

A vítima, de 18 anos, declarou que sufrira unha agresión sexual por parte dun descoñecido no campus onde se celebraba a festa. As autoridades activaron o protocolo correspondente para este tipo de delitos.

Noticias web

18/09/2021