CRTVG

Buscar

Os Mossos d'Esquadra buscan os autores dunha violación grupal en Reus

Publicado o 07/10/2021 21:19
Os Mossos d'Esquadra buscan os autores dunha violación grupal en Reus

Os Mossos d'Esquadra buscan os autores da violación múltiple dunha muller en Reus. A vítima, de 30 anos, denunciou que a abordaron varios homes cando facía deporte. Segundo o seu relato, introducírona pola forza nunha furgoneta, onde a agrediron sexualmente.

O xuíz abriu dilixencias e agora a Policía Autonómica trata de identificar os autores da violación para detelos.

Noticias web

07/10/2021