Os mortos por coronavirus xa superan o medio milleiro
Publicado o 06/02/2020 15:19
O número de mortes a causa do coronavirus de Wuhan bateu un novo récord, 73 nun día. Desde que empezou a epidemia faleceron 565 persoas e 28.000 están infectadas.
No barco en corentena no Xapón confirmáronse 10 novos casos, polo que xa son 20 as persoas contaxiadas que foron evacuadas e hospitalizadas. Tamén continúa en corentena, en augas vietnamitas, o galego que forma parte da tripulación dun transatlántico de recreo. Amnistía Internacional denunciou que o Goberno chinés esta ocultando datos e censurando información