Os mortos na riada de residuos minerais no Brasil poden ascender a varios centos
Publicado o 26/01/2019 20:15
O presidente do Brasil asegurou que pedirá xustiza pola riada de lodos que afectou o estado de Minas Gerais. Bolsonaro sobrevoou a zona danada, onde foron recuperados once cadáveres e segue a busca de arredor de 300 desaparecidos. Aínda que había poucas esperanzas, nas últimas horas localizaron 46 superviventes. A avalancha causouna a rotura dunha presa da principal mineira do país, implicada noutro desastre similar hai tres anos.