CRTVG

Buscar

Bos días

Os móbiles do crime

Publicado o 13/03/2018 09:21

Os investigadores estreitan o cerco, afinan as pescudas, para aclarar que pasou aquel 27 de febreiro. Manexan dous móbiles.

A hipótese principal é que o presunto asasinato é de tipo emocional. Investigan ata que punto a muller puido ter celos da presenza do neno. Varias fontes familiares declararon que Gabriel non tiña boa relación con Ana Julia, parella do seu pai desde hai un ano e medio.

O segundo móbil do crime está relacionado co interese económico de Ana Julia. Foi ela a que insistiu en que se ofrecese unha recompensa de trinta mil euros por calquera pista que se dese sobre o paradoiro do cativo. Este último podería ser outro intento de Ana Julia de despistar os investigadores.

Queda por confirmar se actuou soa. As primeiras investigacións así o apuntan. Indagan no seu pasado para tentar determinar o perfil da presunta asasina.




Bos días

13/03/2018