Os menores que botaron ao lixo os bancos para reivindicar os dereitos das persoas LGTBI terán que repoñelos
Publicado o 13/10/2020 14:59
Os menores que botaron nun colector do lixo os bancos instalados en Cambados para reivindicar os dereitos das persoas LGTBI terán que devolvelos ao seu lugar orixinal.
O Concello, que tamén ten previsto convocar os seus pais, cre que o mellor modo de ensinar os mozos é facéndolles reparar eles mesmos o seu acto vandálico.
Os bancos, pintados coa bandeira do arco da vella, instaláranse a semana pasada e foron retirados polos adolescentes o domingo pasado.
O vídeo que colgaron na Rede levou á súa inmediata identificación.