Os médicos, optimistas ante a posible redución da carga vírica do coronavirus
O estudo de seroprevalencia do Ministero de Sanidade sitúa a porcentaxe de persoas inmunizadas en Galicia no 2,2 por cento. Unha desas persoas que superou a enfermidade foi o doutor Armando González, pneumólogo no servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Tras unha proba PCR que deu positivo ingresou no hospital o 14 de marzo, onde permaneceu 12 días. Destaca a rápida resposta e adaptación do equipo hospitalario neses primeiros momentos da crise sanitaria.
Como pneumólogo e paciente á vez coñece de preto os posibles efectos da covid-19... un deles provocar fibrose pulmonar.
É optimista coa evolución da pandemia, coma outros expertos, pola posible redución da carga vírica do coronavirus con respecto a marzo e pola mellora dos tratamentos.
E insiste, no xa tantas veces repetido, que contaxiarse ou non vai depender en gran parte nas medidas que cada un tome a nivel persoal, como o uso de máscaras, a hixiene de mans e a manter a distancia de seguridade.