CRTVG

Buscar

Volve o baño nas praias buscando facer cumprir as normas de distancia

Publicado o 25/05/2020 09:29

Outra das novidades da fase 2 é o uso das praias; dende hoxe está permitido o baño e permanecer nos areais. Os concellos aínda perfilan os seus plans de uso, e a base para implementalos é o documento coas recomendacións de Sanidade para a apertura ao público das praias e as zonas de baño.

Camiñar pola area, meter os pés na auga e gozar do sol na pel. Chegou a Galicia o momento de poder ir á praia nunha xornada na que ademais acompaña o tempo. Todo con novas precaucións para un verán que será diferente. Cada concello define as normas para garantir a seguridade dos bañistas e evitar contaxios. Na Coruña este luns presentaron o seu plan. Inclúe zonas delimitadas para acceder á area, que a policía local poida controlar a capacidade e que se manteñan as distancias de seguridade.

Propiamente na Coruña, coma noutros concellos, a temporada estival comezará o 15 de xuño e aplicaranse máis medidas de control, ademais da presenza de socorristas nos areais. Será entón cando na cidade herculina habiliten unha páxina web para consultar en tempo real a capacidade das praias dependendo das mareas.

Noticias web

25/05/2020