Os maiores da residencia clausurada na Fonsagrada poderán trasladarse á do Carballiño
Publicado o 14/04/2020 15:33
Os anciáns que residían nas vivendas comunitarias Burón 1 e 2, na Fonsagrada, pechadas pola Xunta tras as deficiencias atopadas, poderán trasladarse á residencia pública da terceira idade do Carballiño. Ese é o novo aloxamento que lles ofrece a Consellería de Política Social.
Nas vivendas comunitarias clausuradas vivían 29 persoas. O resultado da inspección púxose en coñecemento da Fiscalía por se puideran existir indicios dalgún delito.