Os lugueses din que levan ben o mes con restricións
Publicado o 29/09/2020 14:19
A cidade de Lugo leva un mes con restricións. Implantounas a Xunta ante o aumento dos contaxios de coronavirus. Festas e verbenas están pohibidas e a ocupación de locais de hostalería e comercios está limitada á metade da cabida.
Nun barrio, o da Milagrosa, as medidas foron aínda máis duras nos primeiros quince días. En xeral, os lugueses non o levan mal e pensan que as restricións e a concienciación cidadá son imprescindibles para parar o virus.