Os lucenses viven o día grande de San Froilán e demostran que hai ganas de troula
Hai menos barracas que outros anos e entre todas elas gárdanse as distancias. Os paseos están valados para obrigar ao público a circular por determinados sitios. Pero son os únicos síntomas de que aínda estamos nun San Froilán en pandemia. Porque lugueses e visitantes demostraron que teñen ganas de festa.
"Ten que estar moi ben porque hai moita animación, di un visitante". "Foi un grande acerto que este ano puxeran as barracas", engade un lugués. Mentres unha estudante acabada de chegar a Lugo amósase "alucinada" coa festa.
Nenos e nenas foron este primeiro día os protagonistas. Hai que ir aprendendo para seguir coa tradición. Faltan as casetas do polbo pero o concello autorizou a instalación de caldeiros para gozar dun prato que forma parte da esencia mesma da festa. Cos mellores desexos para locais e visitantes.