Os lords non bloquearán na prórroga do 'brexit' para propiciar un adianto electoral
• O Goberno de Sánchez prepárase para un 'brexit' duro
• A Xunta crea un grupo de seguimento do 'brexit'
Nova reviravolta na crise política do Reino Unido. Os lords do partido conservador, que prepararan máis de 100 emendas para torpedear a lei aproboada onte na Cámara dos Comúns, deciden, finalmente, non opoñerse á tramitación. Un acordo, de madrugada, auspiciado polos partidarios de Johnson, ofrece unha nova oportunidade ao primeiro ministro para reforzarse nunhas eleccións anticipadas. Parece, pois, que finalmente non haberá filibusterismo nas cadeiras vermellas da cámara alta e que a lei para pedir a Bruxelas outra prórroga do brexit sairá adiante, con normalidade, o luns ou o martes que vén.
O 10 de Downing Street, volve así ser o foco de atención, unha vez que as posibilidades dunha convocatoria electoral antes do 31 de Outubro volven estar sobre a mesa. Aférranse a unhas declaracións do líder da oposición dicindo que si apoarán unhas eleccións e que se onte non o facilitaron xa foi porque a súa prioridade é evitar un brexit polas malas. O ministro de Facenda cre que uns comicios son a única solución: "Temos que ter unhas eleccións xerais porque necesitamos que a xente decida. Esta parálise no Parlamento non pode continuar", e engade que a única alternativa que dan os laboristas é a rendición ante Bruxelas.
O uso de termos bélicos e só un dos síntomas do enrarecemento do clima político, que onte se visualizou coa reacción a cara de can do propio Boris Johnson. Contrariado por saír derrotado das súas tres primeiras votacións parlamentarias, Johnson pretende sobrepoñerse cunhas eleccións aos rumores que, vaticinan, que será o premier da historia cun mandato máis breve. As enquisas danlle arestora a vitoria.