CRTVG

Buscar

Os líderes territoriais acompañan a Feijóo na súa quinta reelección

Publicado o 16/07/2021 21:52

Di Feijóo que na imaxe cos dirixentes territoriais está o PP de España, nacido coa Constitución. Non lle  aforraron loubanzas os líderes do PP de Madrid, Euskadi, Aragón, Estremadura, Cantabria, Castela-A Mancha, Asturias, Murcia, Castela e León e Andalucía.

Tanto os líderes territoriais como o secretario xeral do PP din que o modelo de partido e de goberno de Feijóo son o paradigma da onda de cambio que vai levar Pablo Casado á Moncloa.

García Egea explica o descenso electoral do Partido Socialista en Galicia nas alianzas de Sánchez cos radicais cataláns e vascos.

Noticias web

16/07/2021