CRTVG

Buscar

Os líderes sindicais piden en Madrid derrogar a reforma laboral

Publicado o 01/05/2019 15:01

A manfiestación máis numerosa foi a de Madrid, onde se deron cita unhas 30.000 persoas. UXT e Comisións Obreiras encabezaron a marcha para reivindicar os dereitos dos traballadores e esixir medidas contra a precariedade laboral. Os líderes dos sindicatos maioritarios piden un goberno progresista que priorice estas demandas.

Os dous sindicatos maioritarios chamaron a saír ás rúas neste Día Internacional do Traballo para xerar unha onda social que esixa cambios. Resumírono cun lema: "A loita continúa. Dereitos, igualdade e cohesión. Primeiro as persoas". A manifestación central arrancaba a mediodía na madrileña Fonte de Neptuno, unha cita á que acodiron os líderes de Podemos e Esquerda Unida e o secretario de organización do PSOE, que asegurou que esta data é sinalada para o Partido Socialista, que mañá fai 140 anos.

O ambiente postelectoral marcou esta manifestación, na que se deron cita ??? encabezadas polos líderes sindicais. Unai Sordo e Pepe Álvarez cren impresincible que o novo Goberno poña en marcha un programa de esquerdas.

Na lectura do manifesto os convocantes avogaron por derrogar as reformas laborais e a de pensións.





 

Noticias web

01/05/2019