CRTVG

Buscar

Os libros retornan á Alameda de Santiago nunha nova edición da Feira do Libro

Publicado o 08/05/2021 15:25
Os libros retornan á Alameda de Santiago nunha nova edición da Feira do Libro

A feira do libro de Santiago abre as súas portas unha edición máis, a cuadraxésima, despois de que o ano pasado fora a primeira en celebrarse en toda España por mor do confinamento.

O pregón inaugural correu a cargo da escritora Arancha Portabales, que realizou unha reinvindicación do papel cultural e social do libro nun contexto de pandemia e tamén fixo un chamamento á lectura.

A mostra, que está presidida polas medidas anticovid, permanecerá aberta ata o vindeiro día 17 de maio e acollerá máis de sesenta escritores para asinar as súas obras, o dobre que o ano pasado.