Os letrados do Parlamento confirman que a valedora aínda non dimitiu
A situación da valedora do pobo provocou hoxe algo insólito: que o pleno do Parlamento comezara case unha hora máis tarde. Foi por esta Xunta de Portavoces que se prolongou máis do previsto. Nela, os grupos e o propio presidente do Parlamento coñeceron o informe xurídico respecto da situación da valedora do pobo.
Foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un proceso selectivo en que apreciaron arbitrariedade e desvío de poder. A semana pasada Milagros Otero puxo o seu cargo a disposición dos grupos parlamentarios. Pero isto, segundo os letrados, non significa que dimitise. Polo tanto, ao non haber renuncia, non se pode substituír. Os grupos da oposición van pedir un pleno extraordinario para provocar o seu cesamento.
Lei de rehabilitación de vivendas
Tamén no Parlamento quedou aprobada esta mañá unha nova lei, un proxeto impulsado polo Goberno galego. Trátase da norma para rehabilitar vivendas, tanto en ámbitos urbanos coma en zonas do rural.
Para a conselleira de Medio Ambiente, trátase dunha norma que axiliza os trámites de rehabilitación das casas, sempre garantindo a protección do patrimonio. Os socialistas abstivéronse na votación final. En Marea e BNG votaron en contra por considerar que esta lei non supón ningunha garantía de conservación do noso patrimonio.