Os letrados do Congreso rexeitan investigar o rei Xoán Carlos polo AVE á Meca
Publicado o 15/06/2020 20:51

Os letrados do Congreso rexeitan investigar o rei Xoán Carlos, como demandan Unidos Podemos, Esquerra Republicana de Cataluña e outros grupos independentistas e de esquerdas.
A semana pasada estes grupos solicitaron por terceira vez crear unha comisión de investigación sobre o suposto cobro de comisións polas obras do AVE á Meca por parte do anterior xefe do Estado. Pero os xuristas consideran que a inviolabilidade polos feitos realizados durante o seu reinado ten efectos xurídicos permanentes.