CRTVG

Buscar

Os letrados do Congreso avalan a ampliación do permiso de paternidade

Publicado o 14/03/2019 21:58

A Mesa do Congreso decidiu seguir adiante coa tramitación do decreto tras recibir o informe dos letrados da Cámara, que non atopan trabas para que o texto pase á Deputación Permanente e se vote a súa validación. Responden así á solicitude feita por Ciudadanos, que consideraba que o decreto podía ser inconsitucional. O PSOE pídelle que se desculpe. 

Rafael Simancas, PSOE: "Hoxe Ciudadanos fixo o ridículo, unha vez máis fixo o ridículo, pero xerou inseguridade, ansiedade e incerteza en miles de españois e queremos que se desculpe".

Ignacio Prende, Ciudadanos: "Avanzar con seguridade xurídica paréceme que, en ningún caso, se pode cualificar nin de chanchullo, nin de manobra dilatoria nin nada semellante".

Así, o decreto do Goberno entrará en vigor o 1 de abril, e terá que ser validado nun pleno da Deputación Permanente que se ten que celebrar antes do día 5 dese mes.


 

 

Noticias web

14/03/2019