CRTVG

Buscar

Os ladróns deixan importantes estragos en dous negocios de Teo

Publicado o 19/08/2021 15:53

As cámaras captaron como os ladróns entrando en Froitas Barreiro, en Vilar de Calo, Teo. Eran as dúas da mañá da noite do martes ao mércores.

Os individuos entraron por un valado na parte de atrás do almacén, rebentaron o enreixado de acceso á froitería e accederon ao local arramplando con todo ao seu paso. Levaron o contido dunha caixa rexistradora e unha morea de danos materiais.

Na mesma noite, a nave do Grupo Rodiñas recibiu un roubo de características similares. A menos de 10 minutos de distancia, en Texexe, e co mesmo 'modus operandi', entraron desfacendo parte do mobiliario.

A Garda Civil investiga os feitos.

Noticias web

19/08/2021