CRTVG

Buscar

Os laboristas británicos rachan as conversas co Goberno para un acordo sobre o Brexit

Publicado o 17/05/2019 19:46
Os laboristas británicos rachan as conversas co Goberno para un acordo sobre o Brexit

No Reino Unido, o líder laborista Jeremy Corbyn, deu por terminadas as conversas co Goberno de Theresa May para chegar a un acordo sobre o Brexit. Corbyn alude á inestabilidade do Executivo para alegar que é moi difícil chegar a un pacto. As conversas iniciáronse ahi seis semanas e trataban de chegar a un mínimo acordo que permitise superar o trámite parlamentario. O consensuado con Bruxelas xa foi rexeitado tres veces na Cámara dos Comúns.
 

Noticias web

17/05/2019