CRTVG

Buscar

Os laboratorios, contra o reloxo: as primeiras doses chegarán antes de final de ano

Publicado o 27/08/2020 13:46

Os laboratorios traballan contra o reloxo na ansiada vacina eficaz contra a covid-19.

A OMS recoñece que existen 142 proxectos de vacina en estudo en todo o mundo. Deles seis son os máis avanzados. De feito, os ensaios clínicos están na fase 3 na que se avalía xa súa seguridade e efectividade.

Todo un logro tendo en conta que o tempo medio para que saia unha vacina ao mercado é de 4 anos.

Se os ensaios clnicos chegan a bo porto son varias as empresas que se comprometen a submisitrar as primeiras doses das suas vacinas antes de que remate este ano.

Farían falta 4.000 millóns de doses para vacinar, polo menos, o 50 por cento da poboación mundial.

Unha das vacinas máis prometedoras e que, ao parecer, está máis avanzada na cura do coronavirus é a de Oxford.

España anunciou xa a súa reserva, aínda que sen detallar o número de doses ás que teriamos acceso.

Noticias web

27/08/2020