CRTVG

Buscar

Os irmáns Collazo viviron o último Racing-Deportivo de Liga

Publicado o 18/02/2021 18:22

José e Manolo son irmáns, xemelgos, fixeron carreira conxunta, no Deportivo primeiro e no Racing despois. Hoxe, sometidos a peche perimetral, atopamos un en Ferrol, e o outro en Caión, de onde son naturais. Criáronse de branquiazul e consolidáronse de verde aló polos setenta. Sempre xuntos.

A maioría da súa carreira fixérona no Rácing. Viviron o último Racing - Deportivo no antigo Inferniño. Un acontecemento en Ferrol. Gañaron os herculinos.

 

Noticias web

18/02/2021