CRTVG

Buscar

Os irmáns Burgo e Eduardo Iglesias lideran o primeiro equipo galego na aventura do Dakar

Publicado o 16/11/2019 12:51

Pedro Burgo: "Nunca soñei con iso, o Dakar nunca pasou pola miña cabeza". Eduardo Iglesias: "É unha ilusión que tiven desde neno, intentar correr o Dakar".

Será a primeira vez na historia que un equipo integramente galego afronte a aventura do Dakar. Cos irmáns Burgo competindo en coches, Eduardo Iglesias en motos e cun equipo técnico da nosa terra, comezarán o día cinco de xaneiro o rally máis duro e lendario do mundo.

Pedro Burgo: "Estou contento e ao mesmo tempo cun pouco de temor porque nos imos enfrontar á proba máis dura do mundo". Eduardo Iglesias: "Falan de que o terreo é moi parecido ao de Marrocos e iso benefícianos un pouco porque é onde estamos acostumados a adestrar". Pedro Burgo: "900 quilómetros diarios pjolo deserto non debe ser fácil, ainda que haxa menos velocidade ten que ser complicadísimo". Eduardo Iglesias: "Estar xa é un éxito e o seguinte sería acabar. Ese é o obxectivo".

Esta é a sensación coa que os Burgo e Iglesias soñan para o vindeiro dezasete de xaneiro.

Noticias web

16/11/2019