CRTVG

Buscar

Os irmáns Abalde estarán nos Xogos Olímpicos de Tokyo

Publicado o 13/07/2021 10:54

Alberto e Tamara foron convocados coas respectivas seleccións olímpicas de baloncesto

O baloncesto galego estará moi ben representado en Tokyo. Alberto Abalde é o último en comprar billete.

O xogador vigués do Real Madrid foi incluído por Sergio Escariolo na listaxe definitiva da selección olímpica. Son os seus primerios Xogos e o primeiro torneo importante coa selección, premio á súa excelente campaña no equipo branco. Coincidirá no Xapón coa súa irmá Tamara, que acaba de ser convocada tamén, xunto á outra galega, Raquel Carrera, coa selección feminina.

Noticias web

13/07/2021