Os informativos do mediodía foron os máis vistos en maio
Publicado o 01/06/2020 16:39
Un día máis temos que darlles as grazas pola súa fidelidade. A Televisión de Galicia liderou as audiencias no mes de maio.
Os informativos do mediodía, Galicia Noticias e este telexornal situáronse nos máximos de audiencia con cotas do 25.9 e do 24.1 por cento. Isto fixo que a TVG supere o resto de cadeas autonómicas en case dous puntos.
Ademais, foi a canle elixida maioritariamente entre os espectadores dentre 13 e 24 anos.
Nos programas de prime time, o Land Rober Tunai Show, o Luar e o Bamboleo converteron a TVG na segunda canle máis vista das públicas e privadas.