CRTVG

Buscar

Os incendios seguen a arrasar o Mediterráneo oriental

Publicado o 10/08/2021 21:37

Os incendios seguen arrasando os países do Mediterráneo oriental, en especial a illa grega de Evia. O incendio alcanzou tales dimensións que puido ser captado polo satélite europeo. Nas imaxes obsérvase perfectamente cómo as lapas atravesan todo o ancho da illa.

O lume segue ameazando varias aldeas, obrigando a bombeiros, voluntarios e residentes a loitar con todos os medios ao seu alcance. É xa a maior catástrofe ecolóxica do país.

Tamén preocupan os da rexión italiana de Calabria, mentres Turquía parece ter controlada a situación, en vésperas da primeira vaga de calor do ano.


 

Noticias web

10/08/2021