Os incendios forestais cercan Ourense e aproxímanse ás vivendas en Canibelos

Distintos incendios forestais roldaron Ourense na tarde do sábado. O de maiores proporcións puxo en apuros aos veciños de Canibelos ante a proximidade das lapas ás vivendas e coa intervención de medios aéreos e terrestres de loita contra o o lume. Segue activo este domingo e xa calcinou máis de 60 hectáreas. Actuaron 10 avións, a Brigada especializada de Laza, 7 helicópteros e medios terrestres.
Un segundo lume tamén obrigou a actuar aos medios de extinción na parroquia de Untes, ante a proximidade á vía do tren. Outro incendio en Rubiá que afectou a 40 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra está controlado.
Unha das xornadas máis calorosas do ano deixou focos de lume por case todo o país. As estimacións indican que os tres máis importantes en Ourense e Porto do Son arrasaron máis de 120 hectáreas. Na serra do Barbanza tamén se precisou a intervención de medios terrestres e aéreos para loitar contra as lapas. En San pedro de Muro en Porto do Son, no monte Tahume traballouse para evitar a propagación dun lume que se logrou controlar nas últimas horas.