CRTVG

Buscar

Os incendios en Australia acurralan milleiros de persoas nas praias

Publicado o 31/12/2019 15:15

Os incendios forestais que arden sen control en Australia obrigaron este martes miles de persoas a refuxiarse en praias do sueste do país, onde o lume provocou 12 mortos e queimado unha área similar á de Costa Rica nos últimos meses.

Centenares de incendios arden nesta última xornada do 2019 en Australia, onde a atención se centra principalmente na costa suroriental do país debido ás altas temperaturas, o forte vento e o avance das chamas cara á costa.

Na localidade costeira de Mallacoota, a uns 500 quilómetros ao leste de Melbourne, uns 4.000 aldeáns e turistas tiveron que refuxiarse na praia, e os que tiñan sorte fixérono con salvavidas e a bordo de embarcacións, no medio dun ceo vermello escuro e un denso fume polas lapas, segundo imaxes difundidas polos medios e nas redes sociais.

Noticias web

31/12/2019