Os impulsores da campaña O abuso non prescribe protestan diante do Congreso
Publicado o 14/02/2019 15:48
Os impulsores da campaña O abuso non prescribe denunciaron diante do Congreso dos Deputados a nula acción nesta lexislatura dos partidos políticos na reforma da lei que fixa os prazos para que os delitos destas características. Consideran que é unha cuestión penal e de saúde pública. Aínda que apostan por que estes delitos non prescriban, ven factible que se limite aos 50 anos, e non aos 30 como propón o Goberno.