Os hoteis para mascotas adoitan ter unha ocupación do 100% no verán
Publicado o 30/07/2019 13:59
Nesta época do ano son moitos os que deciden ir de vacacións, pero que fan se teñen mascotas? Isto xa non é un inconveniente dende que se crearon os hoteis e residencias para mascotas. Nestes lugares reciben un coidado especial para que se sintan coma na casa.
Durante o verán, a demanda destes espazos cada vez é maior, pois nestes lugares as nosas mascotas reciben unha dieta equilibrada, liberdade e conviven nunha contorna adecuado cun ambiente familiar.
Así que se nalgún momento precisan dalguén que coide das súas mascotas, antes de desatendelas ou abandonalas, non dubiden en achegalos a un centro deste tipo.