Os hoteis de Vigo, case completos para a ponte e para o Nadal
Publicado o 08/10/2021 16:04
Reactívase o turismo en Vigo e os hoteleiros respiran máis tranquilos. Agardan cos brazos abertos o aluvión de visitantes que chegarán nesta ponte.
O bo tempo, as praias e o Parque Nacional das Illas Atlánticas atraen o turismo nacional, que aposta por Vigo. Os que veñen á cidade olívica repiten.
As previsións tamén son optimistas para os próximos meses. O reclamo do Nadal vigués garante unha plena ocupación.
Reservas que supoñen un gran pulo para un sector hoteleiro, que xa camiña pola senda da recuperación.