CRTVG

Buscar

Hostaleiros apostan por limitarlles o tempo aos clientes para aumentar a rotación

Publicado o 09/03/2021 14:53

Tomar un café mirando o reloxo para axudar a hostalería. Os pequenos negocios sofren as limitacións de espazo e horario e animan á rotación dos seus clientes para poder sobrevivir.

Mónica Aragunde, propietaria do Café Chalo, en Pontevedra: "No meu caso, que é un local moi pequeniño, eu teño catro mesas dentro, que son as que podo utilizar, e tres mesas fóra. En total, sete mesas, e claro, a xente ten que entender que xa non podes estar coma antes, cun café dúas horas".

Boa parte da clientela acepta de boa gana as restricións e comprende que hai que botar unha man. Os bares están agora totalmente empapelados ao ter que colgar carteis coas ocupacións, as restricións e o código QR, que tarda en calar, sobre todo entre a xente maior. 

Os hostaleiros piden que a xente sexa solidaria e se sume ao lema 'Imos rotar' para que os seus negocios teñan máis clientes ao longo do día.

 

Noticias web

09/03/2021