CRTVG

Buscar

Os hostaleiros urxen axudas directas ante as novas restricións

Publicado o 15/01/2021 15:36
Os hostaleiros urxen axudas directas ante as novas restricións

Endurécense as restricións e a hostalería volve sentirse criminalizada pola covid.

"Temos que seguir pagando os impostos, o alugueiro, todo, pero nós estamos traballando á metade, ata as seis da tarde", di un hostaleiro de Santiago.

Ademais de pechar ás seis da tarde, nos concellos con nivel máximo de restricións a hostalaría só pode servir nas terrazas, e coa súa ocupación á metade. Entende que "para nada podemos sobrevivir só coa terraza. É inviable" e "co frío que vai e cando empece a chover xa nada...", engaden.

Lembran os investimentos feitos para mellorar a seguridade fronte a pandemia e as caixas baleiras durante meses. Precisan, din, axudas directas para ter liquidez.

"Hai moitísimos locais que están pechando. Hai quen só ten como medio de vida unha cafetería u un bar e que non teñen nada para levar ás súas casa", din desde a Asociación de Hostaleiros de Santiago.

Máis das que reciben, por xemplo, da Xunta, que fai balance. Atendeu o oitenta por cento das solicitudes. Entregou dezaseis millóns de millóns de euros a máis de seis mil negocios nas provincias da Coruña e Pontevedra. Case mil hostaleiros de Ourense recibiron tres millóns e na provincia de Lugo destinaron dous millóns de euros a 700 negocios. Agora avogan por un plan que sume esforzos nesta nova onda.

O vicepresidente Alfonso Rueda explica que "con moita máis simplicidade á hora de avicepresidente cceder ás axudas. Sumariamos todas as cantidades e sobre todo as poñeriamos á súa disposición moito máis rápido. Aí entrariamos a propia Xunta de Galicia, que vai poñer cartos para un segundo plan de axudas, as catro deputacións e moitos concellos, que agora mesmo están dando axudas. O que pedimos é que se sume todo".

 

 

 

Noticias web

15/01/2021