CRTVG

Buscar

Os hostaleiros retoman as protestas e piden máis axudas para facer fronte aos peches

Publicado o 28/01/2021 15:17

Buscan visibilizar que non poden máis e todos piden o mesmo. Un rescate real do sector para afrontar o peche. Os hostaleiros da Coruña fanno en caravana.

"Despois dun ano do primeiro ERTE aprobado hai cousas que se teñen que mellorar. A capacidade económioca dos traballadores baixou mínimo un trinta por cento. Tamén pedimos que aproben axudas para os sectores que traballan con nós", explica o voceiro dos hostaleiros da Coruña, Pedro Villarino, en referencia a provedores, taxistas e outros negocios minoristas.

Reclaman máis cartos e rapidez na conseción das axudas. Os de Pontevedra, Poio e Marín cunha marcha cara Santiago.

Marta Rodrñiguez repite peregrinación. En decembro foi cara a Madrid. Di que as axudas "chegan a moi pouca xente e son insuficientes. Nós pedimos que nos paguen os gastos fixos e que nos indemnicen por todo o que deixamos de ingresar durante a pandemia polas restriccións" 

Hoxe, moi cedo, incorporábase a esta nova andaina. Os hostaleiros aseguran que non están en contra das restricións, pero piden que se os pechan, que os indemnicen.

Piden que as administración que sumen para salvalos da ruína: "Se non nos deixan traballar, cando menos, que non nos cobren os impostos". "Non podemos endebedarmos máis".

Farán noite no Milladoiro. Mañá sumaranse a eles hostaleiros de toda Galicia e levarán as súas reivindicacións a San Caetano.

Noticias web

28/01/2021