CRTVG

Buscar

Os hostaleiros piden un selo de garantía sanitaria

Publicado o 20/04/2020 13:38

Cando reabran, os hostaleiros queren que un novo cartel colgue das súas portas e ventás. Trátase dun selo de garantía sanitaria que certifique que os seus establecementos son espazos libres da COVID-19. Unha medida máis de seguridade na que xa traballan as distinas asociacións de empresarios da hostelería e o turismo co fin de dar máis confianza aos seus clientes e traballadores.

Así o explicaba Cheché Real, presidente da Asociación provincial de Hostaleiros de Lugo: "Con esa confianza que daría que as autoridades sanitarias nos expedisen ese certificado. Xa digo, creo que crearía un clima de confianza e sería moi bo para posta en marcha, para o dia despois".

A idea é que o certificado sexa común a todo o territorio nacional, pero este selo tamén podería recoller as peculiaridades sanitarias, turísticas e hostaleiras de cada comunidade.

"Temos que estar nesa mesa de negociación coas autoridades políticas e sanitarias para definir a posta en marcha", engade Cheché Real. 

O certificado elaboraríase en colaboración coas autoridades sanitarias e tería que ser validade polo goberno central e o autonómico.

Noticias web

20/04/2020