Os hostaleiros maniféstanse ante a Xunta para pedir o rescate do sector
Publicado o 29/01/2021 16:53
Os hostaleiros galegos volveron protestar porque non poden abrir os seus negocios. Esta mañá manifestáronse en San Caetano.
Escenifican a morte do sector. Din que xa non poden aguantar máis.
Séntense criminalizados e insisten en que eles non son parte do problema.
Din que o diñeiro recibido ata o de agora é insuficiente e piden un plan de rescate.
Xunta, deputacións e concellos volven a reunirse esta tarde para ultimar o plan de axudas. O Goberno galego vai poñer 75 millóns e as deputacións 5 millóns e medio.
Falta por definir o que vai achegar cada concello e cal vai ser a administración que canalice as axudas.
O sector acepta a man tendida da Xunta.
O sector agarda que a xuntanza desta tarde sirva para pechar todos os flocos pendentes.