CRTVG

Buscar

Os hoteleiros impugnan o contrato das viaxes do Imserso

Publicado o 08/05/2019 15:30
Os hoteleiros impugnan o contrato das viaxes do Imserso

A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos, que engloba uns 15.000 establecementos en toda España, recorre o megacontrato que o Goberno central publicou hai un mes para a organización das coñecidas viaxes para maiores do Imserso.

Din os hostaleiros que coas condicións deses pregos terían perdas e non poderían ofrecer un servizo de calidade. Piden que o prezo se sitúe nos 25 euros por persoa e día, e non nos 22 e medio actuais, porque non lles compensa.

Tamén se queixan de que se primen os hoteis de catro estrelas cando os de tres levan ofrecendo un bo servizo dende que arrancou o programa. A pesar deste recurso, o sector tamén quere tranquilizar os posibles usuarios desas 900.000 prazas que se ofertarán este ano. Se non chegan a acordo, unha das opcións posibles é que se prorrogue o contrato do ano anterior.

Noticias web

08/05/2019