CRTVG

Buscar

Os hostaleiros galegos maniféstanse de novo en Santiago para pedir un plan de rescate do sector

Publicado o 17/11/2020 15:53

Os hostaleiros galegos volveron manifestarse hoxe en Santiago. Piden un plan de rescate que lles axude a saír da crise que atravesan.

O sector propón un plan completo que abranga dende axudas económicas directas ata rebaixas de impostos.

Solicítanlles ás administracións que se impliquen porque, aseguran, se non o fan non serán capaces de resistir o tempo que dure a pandemia.

Tamén insisten en que cumpren con todas as normas sanitarias e por iso piden que lles permitan manter abertos os locais.

Hoxe centos de hostaleiros de toda Galicia percorreron o último tramo do Camiño de Santiago para demandar solucións para o sector. A marcha rematou na praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto.

Noticias web

17/11/2020