CRTVG

Buscar

Os hostaleiros fan propostas para a reactivación

Publicado o 22/04/2020 15:16

Na contra atrás para a desescalada, pero sen datas concretas, o sector da hostalería prepárase xa con posibles medidas de seguridade que permitan a reactivación do sector. Neste local de Leganés, en Madrid, están instalando pantallas de metracrilato para separar e protexer futuros clientes.

Outras propostas pasan por ampliar as zonas de terrazas ao aire libre, e mesmo hai hoteis que apostan por incluír un posto sanitario nas súas instalacións que permita, por exemplo, tomar a temperatura dos clientes ou facer tests masivos. Pero de momento todo está no aire.

E en Galicia os hostaleiros apostan pola prudencia agardan os resultados da mesa de traballo coa Consellería de Turismo, que comezaba onte con representates do sector. Trátase de elaborar un sistema que acredite as medidas de seguridade e hixiene dos establecementos e un plan sanitario adaptado ás diferentes actividades da industria.

Noticias web

22/04/2020