Os hostaleiros denuncian en Ourense a morte do sector
Publicado o 19/11/2020 21:24
Mobilización esta tarde dos hostaleiros en Ourense. Desta volta percorreron as rúas da cidade con candeas e un cadaleito.
Estiveron canda eles os propietarios doutros negocios que tamén se ven afectados pola falta de actividade nos bares e restaurantes.
Din que a súa situación é insostible e piden solucións para non verse abocados ao peche dos seus negocios. Tamén afirman que nos vindeiros días seguirán co seu calendario de mobilizacións e protestas.