CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Vigo preparan diferentes propostas gastronómicas con castañas ao longo deste mes

Publicado o 14/10/2021 20:15

O outono chegou xa ás cociñas, e un dos ingredientes estrela da estación é a castaña. Os hostaleiros de Vigo réndelle homenaxe durante un mes. O programa de actividades comezou cunha demostración de cociña en vivo, a cargo dos chefs Nuno Gonçalves e Pepe Solla. 

Con carnes, en sobremesas e con fermentados aptos para persoas veganas. No receitario de Pepe Solla, que cambia coas estacións, non falta a mellor embaixadora do outono. Este froito dos soutos é tan versátil que mesmo tamén encaixa na cociña xaponesa. Esa foi a proposta que estreou nesta demostración o cociñeiro Nuno Gonçalves, considerado un artesán do sushi.

Ata mediados de novembro, a Asociación Casco Vello de Hostaleiros e Comerciantes de Vigo programa charlas, catas de viño e outras actividades gastronómicas e de lecer arredor da castaña. 

Noticias web

14/10/2021