Os hostaleiros de Verín prolongan o seu peche unha semana máis
Publicado o 23/10/2020 14:32

En principio aguantarán sen actividade ata finais do mes de outubro. Despois volveranse reunir co Concello para saber que facer. Están á espera tamén de que baixe a incidencia da covid-19 na zona. Leva días en nivel vermello e teñen restrinxida a mobilidade cos concellos veciños de Oímbra e Vilardevós.
O Concello mantén as axudas acordadas cando decidiron baixar a persiana o pasado día 13.