Os hostaleiros de varios puntos de Galicia reclaman nas rúas axudas directas ao sector
Publicado o 24/02/2021 17:06
O sector sae de novo á rúa para reclamar o rescate. Os hostaleiros de Pontevedra protagonizan unha mobilización por distintas rúas da cidade precedida por un coche fúnebre que leva un ataúde no interior co que queren simbolizar a morte do sector logo de case un ano sen apenas actividade. Din que as axudas son insuficientes e piden indemnizacións.
Os hostaleiros tamén se mobilizaron na provincia da Coruña con concentracións nas cidades da Coruña, Ferrol e Betanzos. Aseguran que non son eles o foco do problema e piden axudas directas que lles axuden a superar a complicada situación económica que atravesa o sector.