CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Catabois, en Ferrol, afectados por unha vaga de roubos din que están indefensos

Publicado o 14/10/2019 14:53

Kelly di que vén traballar con medo.

"Eu chego aquí ás cinco da mañá e estou soa ata que chegan os primeiros clientes. Estou todo o día con medo".

O seu bar, situado na estrada de Catabois, foi un dos asaltados recentemente. Os ladróns actuaron de madrugada e levaron un botín que supera os mil euros.

"Marchei de aquí sobre as 2:30 h e entraron ás 3:10 h. Romperon a persiana, a porta...".

A noite anterior roubaron nestroutra cafetería, situada na mesma estrada. De aquí tamén levaron máis de mil euros. 

"Entre a unha e as tres. Unha vez dentro rebentaron a máquina comecartos e levaron os cartos", di Eduardo, camareiro da cafetería asaltada. 

Explican que nin as cámaras de videovixilancia logran espantar os delincuentes. E din que se senten inseguros e indefensos porque este problema se repite periodicamente. Agora, a Policía Nacional investiga todos estes feitos.

Pola súa banda, os hostaleiros piden que se intensifique a vixilancia en toda esta zona para poder recuperar a súa tranquilidade.


 

Noticias web

14/10/2019